Afterwork con Novos Economistas

18/03/2024
Afterwork

O pasado venres celebramos un Afterwork con Novos Economistas nas instalacións do Hotel Praza na Coruña, onde compañeiros e compañeiras tiveron a ocasión de intercambiar puntos de vista e inquietudes acerca do seu desenvolvemento profesional.   

No encontro acompañounos, ademais, Jorge Seco (dirección financeira en Fillos de Rivera, S.A.U. Estrela Galicia) quen compartiu cos asistentes a súa experiencia profesional, ademais de abordar temas de interese sobre a área financeira e o día a día dun director financeiro, así como a formación necesaria e requisitos para o posto.

En definitiva, todos xuntos puidemos gozar dun agradable momento para saír da rutina e estreitar lazos con compañeiros de profesión nunha contorna relaxada e informal. 

[Ver galería fotográfica]