Información

Como colexio profesional, estamos comprometidos con manter aos nosos membros informados sobre calquera cambio normativo, actualización legal ou acontecemento relevante que afecte a nosa profesión, do que informamos de forma puntual.

Pero, ademais, de forma periódica o Colexio ofrece unha ampla gama de servizos de información para manter aos nosos membros informados, actualizados e conectados. A nosa variedade de servizos inclúe:

Subscricións gratuítas para colexiados
  • Resumo de prensa diario: o noso equipo recompila e seleccionan coidadosamente as noticias máis relevantes relacionadas coa nosa profesión nun resumo diario, ao que engadimos o resumo de prensa do Consello Xeral de Economistas. Este servizo proporciónache un panorama conciso dos acontecementos máis importantes, permitíndoche estar ao tanto das últimas novidades sen perder tempo.
  • Newsletter semanal: unha fonte de información coa que cada semana ofrecemos acceso a informes, estudos, noticias relevantes, sesións divulgativas online e próximos eventos relacionados coa nosa profesión. 
  • Revista mensual O Economista: a nosa revista recompila mes a mes a actividade que desenvolve o Colexio, inclúe contidos elaborados por expertos en materia fiscal e contable, con enfoques técnicos e análises en profundidade, entrevistas exclusivas e todas as novidades que poden ter interese para os colexiados. Accede AQUÍ a todos os números publicados.

Se es colexiado e non estás subscrito a algunha destas publicacións, podes solicitar a túa subscrición gratuíta AQUÍ.

Foro de debate e consulta online

O Foro Economistas do CDD Economistas Formación Online é un espazo de debate para que os profesionais de ámbito económico intercambien consultas e experiencias de tipo técnico e compartan información relevante co fin de mellorar as solucións ofrecidas aos seus clientes ou ás empresas nas que desenvolven a súa actividade.

Promovido polo Consello Xeral e o Colexio de Economistas de Asturias, e coa participación do noso Colexio entre outros, este foro profesional ofrece a oportunidade de expor a opinión profesional sobre os temas de debate á vista do resto dos usuarios que comparten o foro.

Está moderado así mesmo por expertos altamente cualificados que dinamizan o foro abrindo debates, contestan determinadas consultas, realizan suxestións útiles, revisan os debates en activo e propoñen solucións adecuadas, participan no foro con regularidade e sintetizan o exposto antes de pechar un debate. Xa conta na actualidade con case dous mil profesionais rexistrados. Este rexistro no foro é gratuíto. ANÍMACHE A PARTICIPAR!

- Enlaza co Foro Economistas AQUÍ

- Solicita o teu rexistro AQUÍ