Consumidores e usuarios

De acordo coa lexislación estatal e autonómica reguladora dos colexios profesionais, o Colexio de Economistas ten entre os seus fins esenciais a protección dos intereses dos consumidores e usuarios dos servizos dos seus colexiados.

  • Reclamacions: A interposición dunha queixa ou reclamación pode facerse por correo electrónico, carta ou fax no Colexio de Economistas:

C/ Cabaleiros, 29 - 1º, 15009 A Coruña
Telf.: 981 154325 | Fax: 981 154323 | mailto://colegio@economistascoruna.org

O escrito deberá indicar o nome do denunciante, identificar o economista obxecto da denuncia e especificar de forma clara os feitos contrarios ás súas obrigacións profesionais que se lle imputan. Pode utilizarse este formulario.

Ademais, para calquera reclamación sobre os seus dereitos pode recorrer ás organizacións de consumidores e usuarios. Na seguinte ligazón da páxina web do Ministerio de Consumo pode obter información sobre os organismos ante os cales pode tramitar a súa reclamación.

 

  • Solicitude de economista profesional: Para atender solicitudes de traballo profesional no ámbito dos procedementos xudiciais, periciais ou de auditoría, os usuarios e consumidores poden solicitar ao Colexio o nomeamento dun economista inscrito a través deste formulario.