Estrutura

Xunta Xeral

A Xunta Xeral é o órgano supremo do Colexio, composto por todos os colexiados, que teñen dereito de asistencia con voz e voto a todas as reunións ordinarias e extraordinarias que se celebren.

A Xunta Xeral convócase con carácter ordinario dúas veces ao ano, de acordo cos Estatutos. A primeira, dentro dos seis primeiros meses, para coñecer a Memoria sobre actividades do ano anterior e aprobar, se procede, as contas anuais do exercicio anterior formuladas pola Xunta de Goberno. A segunda, dentro do último trimestre, para aprobar, se procede, o proxecto de orzamento ordinario de ingresos e gastos.

Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno do Colexio de Economistas asume a plena dirección e administración do Colexio para a consecución dos seus fins, conforme as facultades que ten atribuídas polos Estatutos. Está constituída por un un decano-presidente, un vicedecano-vicepresidente, un secretario xeral, un tesoureiro e dez vocais (Artigo 21, Orde do 9 de maio de 2017 pola que se aproban os estatutos do Colexio de Economistas da Coruña) elixidos democraticamente por un período de catro anos.

Comisións de traballo

A diversidade no exercicio da profesión de economista fai que existan grupos con necesidades diferenciadas segundo a rama da actividade e a situación profesional.

Co fin de poder prestar un mellor servizo aos colexiados, creáronse distintas Comisións que se articulan como Grupos de Traballo que se reúnen periodicamente para expor, debater e elevar aos órganos de goberno do Colexio as súas necesidades. Cada unha delas está presidida por un membro da Xunta de Goberno que serve de ligazón entre a propia Xunta e a Comisión, á vez que coordina as súas actividades.

Calquera colexiado pode participar nas reunións do seu interese sen máis requisito que confirmar previamente a súa asistencia, igualmente pode facer chegar ao Colexio os temas que queira canalizar ás Comisións.

 

COMISIÓN DE AUDITORÍA E COMISIÓN DE ECONOMISTAS CONTABLES

Pola obvia interrelación das áreas profesionais que son obxecto das Comisións de Auditoría e Expertos Contables, presididas respectivamente por José Antonio López Álvarez e José Canalejas Couceiro, a programación e organización da práctica totalidade das actividades formativas de ambas as realízase de forma conxunta. Xestionan ademais a homologación como horas de formación continuada para dar cumprimento á formación obrigatoria que han de realizar os auditores de contas, por unha banda, e para dar cumprimento á formación requirida para obter a acreditación como Experto Contable (acreditación que outorga o Rexistro de Expertos Contables) e á formación continuada esixida para o mantemento da devandita acreditación, doutra banda.

 

COMISIÓN FISCAL

Dá apoio aos economistas que exercen esta rama da profesión atendendo á súa problemática específica.

A Comisión Fiscal está presidida por Agustín Fernández Pérez, presidente do Rexistro de Economistas Asesores Fiscais (REAF) do Consello Xeral de Economistas que ostenta igualmente a condición de Secretario Xeral do Colexio.

COMISIÓN FORENSE
A súa misión principal consiste en potenciar a imaxe e mellorar a cualificación do Economista que realiza traballos no ámbito xudicial e forense (actuacións xudiciais, periciais ou como experto independente). Ademais a Comisión Forense encárgase de xestionar a Quenda de Actuación Profesional.

Do mesmo xeito que as dous anteriores, a Comisión Forense, que co-presiden Isaías González García e Ramón Xoga Costa, ocúpase de organizar actividades formativas do seu ámbito profesional, actividades para as que se xestionou, ante o Rexistro de Economistas Forenses (REFOR), a homologación das horas impartidas.

 

COMISIÓN DE ECONOMISTAS PROFESIONAIS POR CONTA ALLEA

Esta é a Comisión de máis recente creación, foi promovida pola Xunta de Goberno coa finalidade de abrir unha liña de actuación destinada a satisfacer en maior medida as necesidades de todos aqueles colexiados que non exercen a actividade por conta propia, senón que están no ámbito da empresa, as institucións ou buscando emprego. Neste sentido a Comisión plántese un dobre obxectivo:

Ampliar os servizos colexiais, incorporando novas actividades en beneficio e interese dos colexiados. Reforzar a oferta formativa, no que concierne á área profesional relacionada co exercicio por conta allea.

Outras Institucións Colexiais

De ámbito autonómico

Consello Galego de Economistas

O Consello Galego de Economistas nace no ano 2008 (Decreto 89/2008, do 17 de abril, de creación do Consello Galego de Colexios de Economistas) por vontade expresa dos catro Colexios de Economistas de Galicia -A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra-, constituíndo unha nova institución que facilita a comunicación coa Administración Pública en todos os seus niveis, así como a concreción de acordos e convenios que beneficiarán aos case 5.000 colexiados galegos.

Tal e como se recolle nos seus estatutos o Consello Galego nace coa finalidade de agrupar e coordinar aos Colexios integrados nel e asumir a súa representación nas cuestións de interese común ante a Xunta de Galicia e, en xeral, ante calquera organismo, institución ou persoa, física ou xurídica, que sexa necesario para o cumprimento dos seus fins, sen prexuízo da autonomía e competencia de cada Colexio, defendendo e protexendo os intereses profesionais dos Economistas no ámbito territorial da súa competencia. 

A actividade do Consello iniciouse coa organización do I Congreso de Economía da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que se celebrou os días 25 e 26 de setembro de 2008, nas instalacións do centro socio-cultural de Caixanova, en Vigo, para o que contou coa colaboración e apoio da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia. 

O Consello Galego nacía pois hai agora unha década coa vocación de ter unha visión global dun colectivo que ten moito que dicir e que achegar á sociedade, cunha vinculación moi estreita co tecido produtivo de Galicia, con permanente ánimo de colaboración coas administracións públicas e engadindo unha maior capacidade de xestión e de defensa común dos intereses de todos os profesionais integrados nos catro colexios provinciais, a pesar de que cada unha deles manteñen a súa estrutura e autonomía de funcionamento.

 

De ámbito nacional

Consello Xeral de Colexios de Economistas de España

Este Consello Xeral agrupa, coordina e representa no ámbito nacional e internacional aos trinta e tres Colexios de Economistas existentes en España. Ordena o exercicio profesional, de acordo co establecido polas Leis, e defende e protexe os intereses dos economistas.

A sede social do Consello atópase na rúa Nicasio Gallego, 8. 28010 Madrid.Tel.: 91 432.26.70. mail: consejogeneral@economistas.org

A través deste Consello Xeral e baixo a súa dependencia, creáronse as seguintes institucións, como órganos técnicos especializados, cuxa sede social está situada na mesma dirección que o Consello (Nicasio Gallego, 8), que a nivel nacional integran e coordinan a actividade dos economistas especializados no exercicio profesional de cada unha destas ramas.

Rexistro de Economistas Auditores (REA)

www.rea.economistas.es - mail: rea@rea.es

Rexistro de Economistas Asesores Fiscais (REAF)

www.reaf.economistas.es - mail: reaf@reaf.es

Rexistro de Economistas Forenses (REFOR)

www.refor.economistas.es - mail: refor@economistas.org

Rexistro de Economistas  Contables (EC)

www.ec.economistas.es - mail: ec@consejo.economistas.org

Rexistro de Economistas   Expertos en Cumprimento Normativo e Dixitalización (ECN)

www.ecn.economistas.es

Asesores Financeiros (EAF)

www.eaf.economistas.es

Rexistro de Economistas Docentes e Investigadores (REDI)

www.eal.economistas.es - mail: redi@economistas.org

Asesores Laborais (EAL)

www.eal.economistas.es - mail eal@economistas.org

Marketing e Comercialización

www.márketing.economistas.es