Requisitos
ESPAÑOIS E OUTROS CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA
Consulta os Títulos das Universidades españolas que dan acceso á colexiación neste DOCUMENTO.
No caso de que a túa titulación non se atope no listado do documento anteriormente mencionado pero creas que é este o teu colexio profesional, non dubides en realizar a túa consulta a: colegio@economistascoruna.org enviando o expediente académico.
Se o título obtido foi emitido por algún país da Unión Europea pica AQUÍ para máis información.
ESTRANXEIROS, NON CIDADÁNS DA UNIÓN EUROPEA
Han de cumprir unha das seguintes condicións:
- Obter a convalidación dun título estranxeiro por algún dos indicados no punto 1 anterior.
- Ter dereito de reciprocidad para o exercicio da profesión, condición que se adquire por unha das seguintes vías:
- Pola existencia dun Tratado entre o seu país de orixe e España.
- Pola achega, por parte do interesado, dun certificado expedido pola asociación profesional do país correspondente, admitindo que un titulado español podería exercer no seu país.
Procedementos de homologación dos títulos estranxeiros.
Inscrición
Documentación:
Para colexiarse é preciso facer chegar a seguinte documentación á sede do Colexio na Coruña (C/ Caballeros, 29 - 1º, 15009 A Coruña):
- Formulario de solicitude. Cumprimentar formulario.
- Copia compulsada do documento acreditativo da titulación que lle habilita para a colexiación. Na sede do Colexio pódese compulsar esta documentación gratuitamente.
- Fotocopia do DNI (anverso e reverso).
- Unha fotografía tamaño carné ou selfie.
- Fotocopia do cartón do INEM (DARDE) se se está en situación de desemprego.
Cotas colexiais:
Inscrición:
60 €. Exención para:
- Titulados que se colexien no seis meses seguintes á finalización da titulación.
- Aqueles que se atopen en situación de desemprego sexa cal fora a data
de titulación. - Menores de 30 anos.
- Precolexiados.
Cota trimestral:
(*) Importante: para manter esta cota reducida debe remitirse á
Secretaría do Colexio -serve escaneada- copia do cartón do INEM (DARDE)
cada vez que esta sexa renovada. Debe remitirse ao mail: colegio@economistascoruna.org).