Máster en Fiscalidade e Tributación

Ademais da formación de reciclaxe e actualización que se imparte de forma permanente, o Colexio de Economistas convoca anualmente un programa de formación superior en fiscalidade.

O Máster de Fiscalidade e Tributación do Colexio de Economistas da Coruña alcanza a súa 12ª edición, consolidándose como un dos Programas de primeiro nivel na súa área,  contando co aval da homologación do Rexistro de Economistas Asesores Fiscais (REAF) do Consello Xeral de Economistas de España. Esta homologación avala o recoñecemento deste título a nivel nacional.

A experiencia, un temario caracterizado pola forte especialización dos contidos e desenvolvemento práctico dos mesmos e un cadro de profesores de primeiro nivel procedentes tanto do sector público como privado, sen dúbida, contribuíron a alcanzar o grao de prestixio deste Máster no que cada vez máis empresas e despachos de asesoría fiscal depositan a súa confianza.

Máster en Fiscalidade e Tributación

Para desenvolver as calidades que definen a un bo profesional da asesoría fiscal é imprescindible profundar no coñecemento do sistema tributario, mediante unha visión integral e estruturada do mesmo, cunha metodoloxía esencialmente práctica.

Obxectivos

Preparar aos alumnos para enfrontarse ao desenvolvemento da asesoría fiscal coa capacidade e coñecemento suficiente para a toma de decisións na realidade.  Ao terminar, os nosos alumnos están formados para a súa introdución inmediata no mundo laboral, e para afianzarse e crecer profesionalmente se xa exercen no ámbito do asesoramento fiscal.

Dirixido a

O noso Máster está destinado tanto a titulados universitarios con coñecementos fiscais, como a profesionais que desenvolven a súa actividade profesional neste campo e necesitan completar a súa formación. Tamén está orientado a estudantes que estean a cursar o último ano de grao.

Programa

Visión práctica e íntegra de todo o sistema tributario: todos os tributos de ámbito estatal, autonómico e local, Lei Xeral Tributaria e Procedementos Tributarios, complementado con formación contable.

 

Profesorado

Prestigosos profesionais de todos os ámbitos: despachos especializados, empresa privada, administración pública e cátedra universitaria.

 

Homologación

O Máster en Fiscalidade e Tributación do Colexio de Economistas da Coruña está homologado a nivel nacional polo Rexistro de Economistas Asesores Fiscais do Consello Xeral de Economistas de España.

Duración

280 horas presenciais, impartidas na sede do Colexio de Economistas da Coruña, de novembro 2018 a xullo 2018. DATA DE INICIO: Venres, 9 de novembro.

Horario compatible con xornada laboral: venres tarde, sábados mañá.

Emprego

Acceso a prácticas en depachos profesionais e ao servizo de emprego do Colexio de Economistas da Coruña.

Programa Prácticas Máster

No ano 2007 o Colexio puxo en marcha o Máster en Fiscalidade e Tributación do que actualmente se está cursando a décima edición.

Para as últimas convocatorias arbitrouse un programa de prácticas co obxectivo de que os alumnos realicen unha aproximación á práctica fiscal, a fin de poder aplicar a formación teórica adquirida.

Dicha prácticas realizaranse naquelas empresas ou despachos que teñan interese a incorporar a un alumno do Máster, sen que iso supoña ningún tipo de vinculación laboral nin de compromiso económico.

Características

Beneficiarios das prácticas: estudantes matriculados na edición 2016/2017 do Máster en Fiscalidade e Tributación.

Duración: 300 horas en xornada a acordar entre a empresa e o estudante (ampliables ata un máximo de 500 horas).

Data de inicio: o programa atópase aberto polo que o inicio pode ser inmediato unha vez realícese a elección do estudante.

Data de finalización: as prácticas deberán estar finalizadas antes do 30 de setembro de 2018.

Non vinculación laboral: as prácticas non supoñen vinculación laboral algunha. O Colexio de Economistas encargarase de dar traslado da debida información á Autoridade Laboral e Inspección de Traballo.

Retribución: as prácticas non son remuneradas, en calquera caso a empresa, se o considera oportuno, poderá realizar unha contribución en concepto de bolsa. Importante: de acordo co Real Decreto 1493/2011 as empresas deberán dar de alta e cotizar polos estudantes no caso de que estes reciban retribucións.

Seguro: o Colexio de Economistas subscribirá unha póliza de accidentes que cubrirá ao alumno durante a realización das prácticas.

Tutorización: o estudante terá un titor por parte do Colexio e outro nomeado pola empresa. Solicitude de estudantes en prácticas

Procedemento

A empresa ou despacho interesado deberá notificar ao Colexio de Economistas o seu interese, enviando o formulario que consta debaixo, na sección “Documentos”, ao mail: formacion@economistascoruna.org.

O Colexio fará chegar á empresa todos os curriculums dispoñibles no momento da solicitude. Unha vez realizada a selección, a empresa notificará ao Colexio os datos do estudante ou estudantes elixidos e a data de inicio das prácticas, procedéndose á firma dos convenios que regulan as mesmas (convenio entre empresa e Colexio e entre estudante e Colexio).

Contacto: 981 154 325 - formacion@economistascoruna.org