Sociedades Profesionais

A Lei 2/2007 de Sociedades Profesionais regula a práctica do exercicio profesional a través dunha sociedade e obriga aos colexiados que exercen unha actividade en común a constituírse como sociedades profesionais e aos colexios profesionais a constituír os seus propios Rexistros.

A sociedade profesional haberá de formalizarse en escritura pública e, ademais das mencións e requisitos propios da forma social adquirida, expresará a condición ou non de socios profesionais dos outorgantes, o Colexio ao que pertencen e o seu número de colexiado, así como a súa habilitación para o exercicio da profesión, actividade ou actividades profesionais que constitúan o seu obxecto social, e a identificación das persoas que se encargan da administración e representación. Todos estes aspectos serán obxecto de inscrición no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio de Economistas correspondente ao ámbito da sociedade.

 

Normativa

As sociedades profesionais foron reguladas a través da Lei 2/2007 do 15 de marzo.

Recentemente a Lei 25/2009 de modificación de diversas leis para a súa adaptación á lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio modificou certos aspectos da Lei 2/2007, especialmente no que se refire á composición, rebaixando a esixencia do mínimo de socios profesionais que pasaron de ser como mínimo tres cuartas partes do capital e dos dereitos de voto a ter que constituír unicamente maioría.

As sociedades rexistradas no Rexistro de Sociedades do Colexio de Economistas da Coruña han de aterse ademais á norma de réxime interno que rexe este rexistro.

 

Inscrición

As sociedades profesionais que inclúan no seu obxecto social o exercicio da actividade de economista e cuxo domicilio radique no ámbito do Colexio de Economistas da Coruña, están obrigadas por Lei a formalizar a súa inscrición no Rexistro de Sociedades Profesionais deste Colexio.

Formulario de inscrición (descargar en sección documentos)

Taxas do Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio de Economistas da Coruña:

As taxas de inscrición e anuais que deben abonar estas sociedades son as seguintes:

  • Taxa de inscrición:

Importe: equivalente a dúas cotas trimestrais de ejerciente libre (100,00 euros).
Pagamento: no momento de solicitude de inscrición

  • Taxa de mantemento:

Importe: equivalente a unha cota trimestral de ejerciente libre (50 euros).
Pagamento: anual (a partir do ano seguinte ao da inscrición

Censo

Pode consultar o censo de sociedades profesionais rexistradas no Rexistro de Colexio de Economistas da Coruña na sección documentos.