Revista 76 Novembro 2006

Cea de confraternidade de colexiados: 17 de decembro en Santiago

Neste número levamos a portada a xa tradicional Cea de Confraternidade de colexiados que este ano se celebrará o venres 17 de decembro en Santiago.

A entrevista nesta ocasión protagonízaa Agustín Fernández Pérez, Secretario da Xunta de Goberno do Colexio.

Así mesmo, ademais de seccións habituais como actualidade fiscal, actualidade contable, EPCA e lecer, damos conta da visita dunha delegación do Consello Galego de Colexios de Economistas ás instalacións de Inditex en Arteixo.