Segundo recolle a LEI 59/2003, DO 19 DE DECEMBRO, de Sinatura electrónica, un certificado electrónico é un documento asinado electronicamente por un prestador de servizos de certificación que vincula uns datos de verificación de firma a un asinante e confirma a súa identidade.
Un certificado electrónico garante a seguridade nas comunicacións e na identidade dos usuarios.
Quen pode solicitar os certificados electrónicos proporcionados polo Colexio?
- Todas aquelas persoas físicas ou xurídicas pertencentes ao Colexio de Economistas da Coruña e os seus clientes
- Todas aquelas persoas xurídicas rexistradas no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio de Economistas da Coruña ou cuxo capital social pertenza, polo menos nun 50%, a colexiados ejercientes membros do Colexio
A prestación do servizo realizarase a través de dúas entidades:
É imprescindible a identificación física do solicitante na sede do Colexio.
O Colexio de Economistas da Coruña constituíuse en Oficina de Rexistro acreditada ante a FNMT para realizar as actividades de autoridade de rexistro, a efectos de acreditar a identidade cando se solicita ou renova un certificado dixital de persoa física da FNMT.
Os pasos para seguir para a solicitude do certificado de persoa física son os seguintes:
1. Consideracións previas e configuración do navegador
2. Solicitude vía internet do Código de Solicitude
3. Acreditación da entidade nunha Oficina de Rexistro. Unha vez solicitado o Código de Solicitude, deberás acreditar a túa identidade nunha Oficina de Rexistro. Ao constituírse o Colexio en Oficina de Rexistro acreditada ante a FNMT, os colexiados e os seus clientes poden acreditar a súa identidade na nosa sede, sita en C/ Cabaleiros, 29-1º
Cando a persoa que vai acreditar a identidade é un cliente, o colexiado deberá enviar antes un email a colegio@economistascoruna.org informando do nome e apelidos e número de DNI/NIE do cliente que vai desprazarse á sede do Colexio para acreditar a súa identidade.
PREZOS (IVE/IVE incluído)
FORMA DE PAGO: Transferencia bancaria á conta do Colexio (Banco Sabadell): ES62 0081 7610 7400 0176 2381
Certificados Dixitais por procesos telemáticos sen necesidade de deslazarse á sede Colexial.
O Consello Xeral de Economistas actúa como Autoridade de Rexistro e o Colexio de Economistas da Coruña actúa como Operador de Rexistro do Consello Xeral de Economistas para a xestión do ciclo de vida dos certificados.
UANATACA é un Prestador de Servizos de Confianza Cualificados (PSC), de acordo co Regulamento (UE) Nº 910 / 2014 (eIDAS) sobre sinatura electrónica, selo electrónico e selaxe de tempo. Prestan servizos de aloxamento PKI, emisión e xestión de certificados dixitais, custodia centralizada de claves e sinatura electrónica remota a múltiples Prestadores de Servizos de Confianza no mundo.
As firmas e certificados dixitais de UANATACA están axustados á normativa europea polo que teñen idéntica validez aos emitidos pola FNMT.
TIPOS DE CERTIFICADO DIXITAL
Para reforzar a evidencia de identificación, necesaria para a emisión do certificado dixital, nalgúns casos, poderá requirirse o establecemento dunha videoconferencia.
- Certificado de persoa física cidadán (colexiado e cliente de colexiado)
- Certificados de persoa física colexiado. É un certificado de persoa física pero vinculado ao Colexio, con información do seu número de colexiado e colexio de pertenza
- Certificado de Persoa Física Representante de Persoa Xurídica ante as Administracións Públicas
CERTIFICADO PERSOA FÍSICA CIDADÁN
- Quen pode obter este certificado? Todos os colexiados e clientes dos devanditos colexiados
- Para que serve este certificado? Habilita a unha persoa física para presentar documentos no seu propio nome fronte a terceiros xa sexan a Seguridade Social, a Axencia Tributaria, etc. Unha vez instalado no seu equipo permite asinar dixitalmente documentos electrónicos (docs, pdf, etc.) con Firma Avanzada
Documentación necesaria para COLEXIADOS:
- Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
- Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo
Documentación necesaria para CLIENTE DO COLEXIADO:
Toda a documentación deberá ser remitida polo colexiado, tanto a súa como a do cliente
a.-Do cliente do colexiado:
- Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
- Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo
b.- Do colexiado:
- Designación de operador. Documento polo cal o colexiado se comprometa e fai responsable da identificación dos clientes. Modelo
- Evidencia de identificación. O colexiado deberá acreditar a identificación do seu cliente. Modelo
PREZOS (IVE/IVE incluído)
FORMA DE PAGO: Transferencia bancaria á conta do Colexio (Banco Sabadell): ES62 0081 7610 7400 0176 2381
CERTIFICADO PERSOA FÍSICA COLEXIADO
- Quen pode obter este certificado? Todos os colexiados. É un certificado de persoa física pero vinculado á corporación, con información do seu número de colexiado e Colexio de pertenza.
- Para que serve este certificado? Do mesmo xeito que o resto de certificados de persoa física, habilita a unha persoa física para presentar documentos no seu propio nome fronte a terceiros xa sexan a Seguridade Social, a Axencia Tributaria, etc. Unha vez instalado no seu equipo permite asinar dixitalmente documentos electrónicos (docs, pdf, etc.) con Firma Avanzada. Ademais, ten como singularidade e valor engadido a identificación profesional da súa colegiación.
Documentación necesaria:
- Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
- Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo
PREZOS (IVE/IVE incluído)
FORMA DE PAGO: Transferencia bancaria á conta do Colexio (Banco Sabadell): ES62 0081 7610 7400 0176 2381
CERTIFICADO DE PERSOA FÍSICA REPRESENTANTE DE PERSOA XURÍDICA ANTE As ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Quen pode obter este certificado?
- Todas aquelas persoas físicas colexiadas no Colexio de Economistas da Coruña
- Todas aquelas persoas físicas que sexan clientes dun colexiado rexistrado no Colexio de Economistas da Coruña.
Para que serve este certificado?
- Habilita a unha persoa física para representar a unha persoa xurídica antes as Administracións Públicas
- Unha vez instalado no seu equipo permite asinar dixitalmente documentos electrónicos (docs, pdf, etc.)
Documentación necesaria:
Do usuario do certificado:
- Foto do anverso e do reverso do DNI, NIE ou Pasaporte
- Foto da cara da persoa física (selfie) co DNI colocado baixo o queixo
- Documento acreditativo dos poderes de representación
Da Empresa:
- O Colexio de Economistas da Coruña consultará no Rexistro Mercantil os datos da empresa. Se non fose posible conseguilo solicitaralle a seguinte documentación:
- Escritura de constitución da sociedade
- Certificado ou nota simple do Rexistro Mercantil cos datos relativos á constitución, NIF e personalidade xurídica da empresa (a data de emisión do certificado ha de ser inferior a 30 días)
Do Colexiado:
- Designación de operador. Documento polo cal o colexiado se compromete e fai responsable da identificación dos clientes. Modelo
- Evidencia de identificación. O colexiado deberá acreditar a identificación do seu cliente. Modelo
- No caso de entidade non mercantil: Certificado de veracidade da información. Modelo
PREZOS (IVE/IVE incluído)
FORMA DE PAGO: Transferencia bancaria á conta do Colexio (Banco Sabadell): ES62 0081 7610 7400 0176 2381