TAP

Quenda Actuación Profesional

Aberto prazo listas TAP 2023

 

A Quenda de Actuación Profesional (TAP) é un servizo que o Colexio de Economistas estableceu para atender as peticións de traballo profesional que se realicen por calquera persoa física, organismos e entidades públicas e privadas cara aos economistas que voluntariamente figuren inscritos no mesmo, no ámbito das actuacións xudiciais, periciais ou de auditoría.

O TAP ten ademais a finalidade de cumprir o establecido no art. 27.3 da Lei 22/2003, Concursal (en vigor ata que se aprobe o Regulamento da administración concursal ao que se refire a disposición transitoria quinta da Lei 16/2022, de 5 de setembro, de reforma do texto refundido de la Lei Concursal). No devandito artigo determínase que os colexios prefesionales presentarán, no mes dediciembre de cada ano, para a súa utilización desde o primeiro día do ano seguinte, as respectivas listaxes de persoas dispoñibles para actuar como administradores concursais.

Cumpre tamén co estipulado no art. 341.1 da Lei 1/2000, de Enjuiciamiento Civil, que dispón que no mes de xaneiro de cada ano interesarase dos distintos colexios profesionais unha lista de colexiados dispostos a actuar como peritos.

 

Requisitos a cumprir

A incorporación ás listas da Quenda de Actuación Profesional require o cumprimento dos seguintes requisitos.

 

Requisitos xerais para todas as listas:

  • Cumprir a condición de colexiado -como exercente por conta propia- e ou sociedade profesional inscrita no Rexistro de Sociedades Profesionais do Colexio.
  • Estar ao corrente no pago das cotas.
  • Cumprimentar a solicitude que para ese efecto facilitará o Colexio, acompañando, no seu caso, a documentación acreditativa correspondente.
  • Non estar a cumprir sancións de calquera orde que inhabiliten para o exercicio da profesión no ámbito material propio da relación de que se trate, nin estar sometido a suspensión cautelar que produza dita inhabilitación.
  • No caso de que o profesional fose obxecto de baixa forzosa no TAP, que transcorrese, desde a data de efectividade da última baixa así producida, tres anos ata a solicitude de readmisión.
  • Acreditar cumprir no último ano os requisitos de formación continuada.
  • Aceptar expresamente a publicación dos seus datos nas listas do TAP, todo iso de acordo coa LOPD.
  • Adquirir o compromiso de aceptar os encargos para os que sexa designado, salvo causa de forza maior, debidamente xustificada, que deberá comunicarse por escrito.
  • Calquera outro requisito que veña esixido polo ordenamento xurídico para as actividades de que se trate, e respecto das relacións ás que afecten.

RequisitosListas

(1)   Consulte AQUÍ as condicións específicas do Convenio do Consello Galego de Economistas coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

 

(2)  Requisitos a cumprir para o alta nas listas de Administradores Concursais

As seguintes condicións foron establecidas co fin de dar cumprimento aos establecido no artigo 27 da Lei 22/2003, de 9 de xullo, Concursal, que permanecerá en vigor ata que se aprobe o Regulamento da Lei Concursal, segundo estipula a Disposición transitoria quinta da Lei 16/2022 de 5 de setembro, de reforma do texto refundido da Lei Concusal.

Requisitos alta nas listas de Administradores Concursais

 

Listas TAP 2023

Formularios de solicitude:

Para solicitar alta ou renovación nas listas TAP para 2023 cumprimente o formulario que se activará picando AQUÍ

Prazos:

Solicitude de alta ou renovación: ata o 20 de decembro de 2022.

Acreditación da formación: ata o 28 de decembro de 2022. (Os colexiados/as no Colexio de Economistas da Coruña, só deberán acreditar a formación realizada a través doutras entidades alleas ao Colexio ou ao Consello Galego de Economistas).