Ref.- 43/22 Orientador Axuda en Acción

Arzúa; Bueu; O Grove; A Guarda; Moaña
,
Fecha de la oferta
Descripcion de la oferta

Axuda en Acción https://ayudaenaccion.org selecciona orientadores para centros educativos.

Obxectivo do posto:

Apoiar a orientación vocacional-profesional nos centros educativos onde se implementa o proxecto acompañando ás e os mozos no seu proceso de toma de decisións sobre o seu proxecto de vida e profesional.

 

Principais responsabilidades:

  • Apoiar e inserirse no plan de orientación do centro educativo, no marco de actuación da oferta de formación profesional dispoñible.
  • Traballar coordinadamente co equipo de Axuda en Acción, así como co equipo de orientación dos Centros de Formación.
  • Desenvolver accións para o fomento do espírito emprendedor.

Valorable:

Formación en orientación sociolaboral, en perspectiva de xénero, en mediación intercultural e en dinamización comunitaria intercultural e en emprendimiento xuvenil.

Experiencia:

  • Polo menos 2 anos de experiencia demostrable en postos de orientación vocacional-profesional con mozas en situacións de vulnerabilidade.
  • Moi valorable experiencia de orientación vocacional - profesional en centros educativos de Formación Profesional.
  • Valorable experiencia traballando por proxectos ou en proxectos nos que se traballan as competencias a través de técnicas de ensino-aprendizaxe innovadoras
  • Valorable xestión de dossier de expedientes e xestión de datos.

 

Condicións da oferta

  • Incorporación: 01 de Setembro de 2022. (Será obrigatorio presentar a "Certificación Negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais" para a incorporación).
  • Modalidade de traballo Presencial.
  • Tipo de contrato: Temporal - 1 ano
  • Horario de traballo: tempo completo.
  • Lugar de traballo: Galicia (tomar en conta que serán zonas rurais). Especificamente necesitaremos: 1 orientador/a en Arzúa; orientador/a en Bueu; 1 orientador/a en O Grove; 1 orientador/a en A Guarda; e 1 orientador/a en Moaña.
  • Imprescindible ter carné de conducir e coche.