Punto de Información Catastral (PIC)

O convenio subscrito entre a Dirección Xeral do Catastro e o Colexio de Economistas da Coruña, que deu lugar ao Punto de Información Catastral (PIC) do Colexio de Economistas da Coruña, ten como obxectivo simplificar o acceso á información catastral, ofrecendo servizos de consulta e certificación de datos tanto para bens inmobles protexidos como non protexidos.

 

Servizos

A través do PIC do Colexio poderase acceder aos seguintes servizos:

  • Servizo de consulta de datos catastrais non protexidos, certificación da referencia catastral e consulta de cartografía.
  • Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos, polos titulares catastrais, os seus representantes ou persoas autorizadas por eles.
  • Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral.
  • Servizo de consulta para os titulares catastrais sobre información relativa ás solicitudes de axuda da última campaña da Política Agrícola Común (PAC) con relación ás parcelas rústicas da súa titularidade declaradas naquelas solicitudes.
  • Servizo de consulta e certificación de datos catastrais protexidos por parte de titulares catastrais das parcelas lindeiras, titulares ou cotitulares de dereitos reais, de arrendamento e aparcería así como por parte de herdeiros e sucesores.
     
Tarifas
  • Certificado literal: 4 €
  • Certificado descritivo e gráfico: 12 €

Servizo gratuíto exclusivamente para os colexiados que soliciten información ou certificados en nome propio. Se a solicitude é para terceiros ou se a persoa solicitante non é colexiada, cobrarase a taxa arriba indicada.

Requisitos

Se o solicitante é o titular do ben:

  • DNI

Se o solicitante é un terceiro autorizado polo titular:

  • Fotocopia DNI do titular.
  • Autorización asinada polo titular. Descargar modelo de autorización facendo clic AQUÍ.
  • DNI do autorizado.

Se o solicitante é un representante legal do titular:

  • Fotocopia DNI do titular.
  • Documento legal que acredite a representación.
  • DNI do autorizado.

Se o solicitante é un herdeiro:

  • DNI do herdeiro.
  • Certificado de últimas vontades e testamento.
  • Declaración de herdeiros (se o causante non outorgou testamento).

      Se o herdeiro é fillo do causante, tamén pode acreditar a súa condición de herdeiro mediante:

  • DNI do herdeiro.
  • Certificado de defunción (ou de últimas vontades) e certificado de nacemento (ou Libro de Familia do causante).

      Se o herdeiro é cónxuxe do causante, tamén pode acreditar a súa condición de herdeiro mediante:

  • DNI do herdeiro.
  • Certificado de defunción (ou de últimas vontades) e certificado de matrimonio expedido no último mes anterior á data de solicitude.
Atención ao público 

O PIC do Colexio de Economistas da Coruña sitúase na súa sede colexial:
C/ Cabaleiros 29, 1º. 15009 A Coruña

Os seus servizos préstanse de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

PIC online

Exclusivo para colexiados.

Os colexiados poderán realizar, para os seus clientes, os trámites catastrais ofrecidos polo PIC do Colexio de Economistas da Coruña de forma telemática sen necesidade de desprazarse ao Colexio. Para iso deberán cumprimentar os modelos que correspondan e envialos, xunto coa documentación esixida en cada caso, a través do mail colegio@economistascoruna.org

Importante: na modalidade online o colexiado actúa como intermediario entre o PIC e o interesado, polo que non asinará ningún dos documentos nin poderá actuar como autorizado ou representante.

    Documentos a achegar:

    En función da condición do solicitante:

    Segundo o caso:

    • Declaración responsable (se o solicitante é representante, herdeiro ou legatario, propietario non titular catastral, arrendatario ou aparcero).
    • Documentación acreditativa da representación ou autorización do interesado, no seu caso. (Ver apartado requisitos).
    • Documentación acreditativa de que o solicitante é herdeiro, legatario, propietario non titular catastral, arrendatario ou aparcero, no seu caso. (Ver apartado requisitos).