Revista 229 outubro 2024

Expertos en Dereito Concursal comparten experiencias e coñecemento para o mellor desenvolvemento da súa actividade profesional

Na revista de outubro destacamos en portada a celebración da XVIII edición do Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal, que tivo lugar os pasados días 3 e 4 de outubro, e que centrou gran parte da súa atención en divulgar o protagonismo e impacto dos profesionais da insolvencia no mundo empresarial.

A protagonista da nosa entrevista mensual é Carmen Cotelo Queijo, Directora de GAIN (Axencia Galega de Innovación) quen nos deu conta, entre outros particulares, dos principais proxectos nos que está envorcada á Axencia.     

Ademais das seccións máis habituais, destacamos que o noso Colexio participa novamente nas actividades para promover a educación financeira do Consello Xeral, organizando a fase territorial do do Torneo de Debate Económico e do Concurso de Comunicación Audiovisual sobre Educación Financeira.