Revista 211 febreiro 2023

Entrevistamos a María Dores Fernández Galiño, Valedora do Pobo

No número de febreiro destacamos en portada a entrevista realizada á Valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, quen nos presenta unha das Institucións máis emblemáticas da nosa Comunidade.

Xa en páxinas interiores, e ademais das seccións máis habituais, avanzamos a Axenda formativa para o próximo cuadrimestre, apuntamos a XI edición das Xornadas Técnicas de Fiscalidade e Contabilidade, celebradas os pasados días 2 e 3 de febreiro, e damos conta da celebración da fase final do Concurso de Comunicación Audiovisual sobre Educación Financeira, onde os nosos representantes, o Colexio Manuel Peleteiro, logrou clasificarse, finalmente, entre o cinco mellores centros de toda España.