Revista 201 Marzo 2022

Os nosos representantes logran o segundo posto na final nacional do Concurso Audiovisual sobre Educación Financeira

No número 201 levamos a portada o segundo posto alcanzado polos nosos representantes na final nacional do Concurso Audiovisual sobre Educación Financeira. O vídeo do Colexio Escravas obtivo a maior puntuación no voto do resto de Colexios, pero o representante do Colexio de Málaga superouno no voto do Xurado.

Incluímos unha vez máis a sección de recente creación “Coñecendo aos nosos compañeiros/as”, que nesta ocasión protagoniza a colexiada Marta González Touza, Consultora de empresas.

Ademais das seccións e reseñas fiscal e contable habituais, damos conta neste número de senllos informes presentados recentemente polo REAF-CGE: Conclusións e Propostas dos Encontros REAF sobre a reforma fiscal e o estudo Panorama da Fiscalidade Autonómica e Foral 2022.