Revista 197 Novembro 2021

CELEBRADAS VINAS XORNADAS DE AUDITORÍA E CONTABILIDADE EN GALICIA

Na revista do mes de novembro destacamos en portada a celebración da sexta edición das Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia, onde se fixo unha posta en común da actualidade, os problemas e os retos que afrontan os profesionais da auditoría e a contabilidade no escenario post pandemia.

Ademais das seccións habituais, damos conta tamén da publicación por parte do Consello Galego de Economistas dunha nova onda do Barómetro de Economía, a correspondente ao segundo trimestre de 2021, e da presentación por parte do REAF-CGE do documento “Planificación da Renda 2021”, no que se recollen as claves do imposto, coas novidades legais, e a última doutrina e xurisprudencia.