Revista 196 Outubro 2021

Expertos en economía forense analizan os novos retos aos que se enfronta a administración concursal

Na revista correspondente ao mes de outubro destacamos en portada a celebración do XV Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal, celebrado os pasados días 28 e 29 de setembro.

Ademais das seccións habituais e as reseñas contable e fiscal, destacamos así mesmo a celebración de dúas iniciativas que adoitan protagonizar o peche do ano: a convocatoria da V Edición do Concurso Infantil de Postais de Nadal, e a organización, unha vez máis, da fase local da II edición do Concurso audiovisual sobre educación financeira.