XVI Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal: 27 e 28 de outubro de 2022

13/07/2022
Banner EC2022

Organizado polo Consello Galego de Economistas, chega unha vez máis a cita para todos os profesionais do ámbito forense: xa se atopa aberta a inscrición para unha nova edición do Encontro Concursal -a que fai a décimo sexta- que se celebrará os días 27 e 28 de outubro e desenvolverase en formato mixto, online e presencial, na habitual sede de Santiago.

Unha edición que ten lugar no novo escenario concursal imposto pola Directiva Europea 2019/1023, sobre marcos de reestruturación preventiva, prevé unha profunda reforma do Texto Refundido da Lei Concursal que expón novas oportunidades e enigmas para todos os operadores xurídicos e económicos.

Deste xeito, todos os segredos e claves que entraña este novo escenario e a interesante e pouco utilizada figura da administración xudicial, serán obxecto de análise, estudo e enriquecedor debate nesta nova edición do Encontro que congregará aos máis destacados relatores e profesionais na materia do panorama nacional.

                                                Ver Programa         Inscrición *

*Inscríbete antes do 1 de outubro e benefíciate da tarifa reducida!