O Colexio Manuel Peleteiro, gañador da fase provincial do Concurso de Comunicación Audiovisual sobre Educación Financeira

Estudantes de segundo de bacharelato do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago resultaron os gañadores da fase provincial da terceira edición do Concurso de Comunicación Audiovisual sobre Educación Financeira, organizada polo Colexio, nunha apertada final na que se impuxeron ao Colexio Escravas da Coruña, ao IES Fene e ao IES Fernando Branco.
O equipo formado por catro alumnos do Colexio Peleteiro alzouse coa vitoria nesta fase provincial elaborando un vídeo de catro minutos de duración no que transmitiron a súa postura acerca da cuestión exposta polo Consello Xeral de Economistas, "Do colchón á nube: a seguridade das túas finanzas ten un prezo”, temática elixida en base á lema do Día da Educación Financeira do pasado ano: “Educación para unhas finanzas máis seguras”.
Deste xeito, o Colexio Manuel Peleteiro pasa a competir na fase nacional, con centros de toda España, cuxo fallo terá lugar a primeira quincena de febreiro nun acto que se desenvolverá de maneira online no que se fará entrega do premio aos dous mellores vídeos seleccionados polo xurado, así como a aquel vídeo con máis `likes´ na canle de Youtube do Consello Xeral de Economistas.
- Os vídeos de os colexios participantes na fase provincial pódense VER AQUÍ
- Para apoiar co teu like ao noso representante, PICA AQUÍ
Esta actividade que forma parte do Plan de Educación Financeira do Banco de España e da Comisión Nacional do Mercado de Valores, do que é colaborador o Consello Xeral de Economistas e cuxo obxectivo é concienciar da importancia de estar financieramente formados e favorecer o desenvolvemento de habilidades que axuden aos estudantes na súa vida formativa, laboral e social.
Entrevista co equipo do Colexio Peleteiro
Como foi o proceso de realización do vídeo, tanto a idea como o desenvolvemento?
O noso primeiro obxectivo desde o principio foi gravar un vídeo que nos diferenciase dos demais, e pensamos que un anuncio ao estilo teletienda sería unha idea moi orixinal que a probablemente ningún outro equipo ocorreríaselle, á parte de que ten un toque divertido nas tomas iniciais e finais.
En canto ao proceso de realización foi todo relativamente fácil; reunímonos un día con todos os materiais necesarios e gravámolo todo nunha mesma xornada. Para editalo foi imprescindible nosa profesora de audiovisuais, Silvia Hernández, quen nos guío nas escenas máis difíciles de editar, como a do croma.
Que foi o que vos resultou máis complicado?
Probablemente gravar as escenas longas nas que nos facemos pasar por especialistas. Non é fácil memorizar un discurso e despois pronuncialo en movemento ante unha cámara, xa que os nervios están sempre presentes. Sen dúbida o ter que repetir varias veces as escenas foi o que máis tempo nos levou.
Axudouvos esta experiencia para profundar en conceptos económicos que descoñeciades?
Sen dúbida. A gran maioría dos conceptos que tratamos nos vídeos eran novos para nós (vishing, chiringuitos financeiros, ciberseguridad…) e consideramos que é fundamental coñecelos para evitar caer nas trampas que nos tenden os delincuentes na rede.
Tras participar nesta iniciativa, creedes que a formación económica que recibides é a adecuada?
Nun sistema educativo un tanto anticuado consideramos que a materia de economía é das que mellor se axusta aos nosos tempos, xa que polo menos no noso caso sempre estamos a contrastar a materia con datos e exemplos do momento, polo que é obvio que o que se nos ensina ten presenza na realidade actual.
Que resultado esperades obter da fase nacional?
Supomos que do mesmo xeito que o resto de equipos o noso obxectivo é gañar ou chegar o máis lonxe posible, pero sexa cal for o resultado, o feito de clasificarnos para a fase nacional fai que sintamos orgullosos e satisfeitos co noso traballo.
Queremos agradecer a colaboración de MediaMarkt, un ano máis, como partner tecnolóxico.