O Colexio Escravas da Coruña obtén o segundo posto na final nacional do Concurso Audiovisual sobre Educación Financeira

09/03/2022
foto

Nunha emocionante xornada final celebrada no día de hoxe, 9 de marzo, o Colexio Escravas da Coruña alzouse co segundo posto da 2ª edición do Concurso Audiovisual sobre Educación Financeira, organizado polo Consello Xeral de Economistas, cuxo obxectivo era responder á pregunta “Como ser sustentable e rendibilizalo no intento?” a través dun vídeo curto, iniciativa á que se sumaron un total de 200 centros educativos de todo o territorio nacional.

O vídeo dos nosos representantes chegaba a esta final tras ser o ser o centro máis valorado polo resto de Colexio de Economistas e de Titulados Mercantís participantes. 

No acto final, celebrado en modo online, o xurado formado por membros do Consello Xeral de Economistas, a Comisión Nacional do Mercado de Valores, o Banco de España e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, inclinou finalmente a balanza cara ao representante do Colexio de Economistas de Málaga, o centro Navaschool Añoreta, que se alzou co triunfo, aos que felicitamos desde aquí.

Os integrantes do equipo de Escravas, formado por Noah Rodríguez Otero, María Pérez Suárez, Inés Gómez Treus, Rocío Rial López e Jacobo Rodríguez García déronse cita na sede do Colexio de Economistas coruñés, xunto a María Daviña, docente responsable dos alumnos, para seguir a final en directo, estando acompañados polo noso decano, Miguel A. Vázquez Taín, que se congratulou polo resultado obtido e felicitou efusivamente aos mozos e mozas de Escravas. 

Parabéns por ese magnífico traballo e felicidades polo resultado!

*Accede aquí a O Economista nº 201 (marzo 2022) para leer unha entrevista cos rapaces e rapazas de Escravas.