Novas funcionalidades das Fichas Socioeconómicas do Consello Xeral

0

O Consello Xeral presentou o pasado 7 de marzo a terceira edición da ferramenta Fichas Socioeconómicas, cuxa versión de 2020 introduce melloras significativas en canto á capacidade de comparación e combinación de datos, así como en canto á posibilidade de traballar con eles para profundar e facilitar a personalización de informes e información que requira o usuario.

Isto convérteo nunha ferramenta idónea para un gran número de colectivos: empresas e emprendedores –para prospeccións de mercado e investimentos–; administración, organizacións diversas e investigadores –para a elaboración de orzamentos e a realización de estudos sobre fiscalidade, estrutura produtiva, despoboamento, medioambiente, dependencia, inmigración…–, e cidadáns en xeral –sondaxe do mercado de traballo, prezo da vivenda…–. 

Entre as novas funcionalidades das Fichas Socioeconómicas, a principal é que, ademais das fichas descargables en pdf, a nova versión dispón dunha ferramenta que permite realizar unha combinación de múltiples variables-rexistros por niveis territoriais iguais, e obter nun só documento en formato Excel descargable os datos seleccionados, de maneira que se poida traballar e interactuar con eles para a súa análise ou comparativa. A interface ten un despregable que permite seleccionar os ámbitos territoriais, e outro despregable no que seleccionar as variables socioeconómicas para mostrar a comparativa dos datos integrados nunha única táboa en formato Excel, e ordenada polo dato dispoñible para as distintas anualidades.

Esta nova funcionalidade ten as seguintes vantaxes:

  • Realizar consulta de datos por anualidade: 2018-2019-2020.
  • Realizar comparativas e análises de datos de cada nivel territorial (municipios, provincias, CCAA, comarcas e Grupos de Acción Local) combinados con múltiples indicadores socioeconómicos desagregados en 12 apartados: territorio, demografía, estrutura produtiva, mercado de traballo, resultados electorais, usos e fiscalidade do chan, vivendas e locais, orzamentos, equipamento social, medioambiente, festas laborais e entidades menores.
  • Obter nun só documento de Excel todos os datos numéricos das fichas,
    para análise, informes ou comparativa entre eles.
  • Selección de ata 10.000 rexistros, nunha única consulta.
  • No formato Excel descárganse tanto os datos numéricos como gráficos, táboas e
    mapas de maneira que están dispoñibles para ser utilizados en calquera informe ou
    documento.
  • Así mesmo, a información dos diferentes niveis de agregación territorial almacénanse nunha base de datos, que permite ter e comparar todos os datos dispoñibles nas fichas dos diferentes anos.

 

O acceso ás Fichas Socioeconómicas é o seguinte:

https://fichassocioeconomicas.economistas.es/