Nova funcionalidade na Base de datos de Tirant: TAXE, función audio

Tirant Asesores

 

A Base de datos de Tirant Asesores, de acceso gratuíto para todos os/as colexiados/as, estrea TAXE, unha nova función que ofrece a posibilidade de “ler" os documentos (sentenzas, libros, etc.) en formato de voz. 

Esta nova operativa permite acceder aos documentos en formato falado, ofrécenos a posibilidade de ler cando facemos deporte, cando viaxamos, en tempos libres e para facilitar o acceso a aquelas persoas con dificultades visuais, así como para ditar as procuras sen necesidade de escribir nada. 

Como acceder a esta nova función: 

- Unha vez dentro da base de datos, no buscador xeral aparece unha nova icona (lupa).

- Pulsando nel poderemos ditar a nosa procura sen necesidade de escribir nada.

- Unha vez feita a procura abriremos o documento que queremos ver (sentenza, formulario, doutrina,…) e procederemos á lectura falada pulsando para iso a icona de audio (cascos).

- Despregarase así mesmo unha xanela na que aparecen opcións como: Velocidade de lectura, e tipo de voz, etc. 

Lembramos que Tirant Asesores é unha Base de datos especializada nas materias de Laboral, Financeiro, Mercantil, Contable, Xestión  Inmobiliaria e  Estranxeiría, todo iso interrelacionado entre si e incluíndo lexislación, xurisprudencia, formularios, protocolos de actuación, resumos técnicos, esquemas procesuais, etc. 

Conta ademais cun  servizo innovador de Consultoría En liña que permite aos colexiados efectuar consultas a un equipo de expertos profesionais obtendo en 72 horas máximo unha resposta clara e eficaz, facilitando así o desenvolvemento do seu traballo. 

A gratuidade deste servizo supón un esforzo importante para o Colexio, polo que vos convidamos a sacarlle o maior partido no voso quefacer profesional.