Convocatoria de eleccións para a renovación dos cargos da Xunta de Goberno do Colexio

11/02/2023
eleccións

Con arranxo ao establecido na Orde de 9 de maio de 2017, pola que se aproban os Estatutos do Colexio, a Xunta de Goberno, na súa reunión do 30 de xaneiro de 2023, acordou convocar eleccións, a celebrar o próximo día 3 de marzo de 2023, para a renovación dos cargos da Xunta de Goberno.

Os cargos a cubrir son: Decano-Presidente, Vicedecano-Vicepresidente, Secretario Xeral, Tesoureiro e dez vocais.


Todos os colexiados que á data desta convocatoria de eleccións estean incorporados ao Colexio poderán exercer o dereito de sufraxio. Os colexiados que soliciten a baixa ou se atopen incursos nun procedemento de baixa posterior á data de convocatoria non poderán exercer devandito dereito.

Os prazos a ter en conta son os seguintes:

  • Publicación da convocatoria: 30 de xaneiro de 2023.
  • Exposición censo electoral: na Secretaría do Colexio
    (C/ Cabaleiros, 29-1º. 15009 A Coruña) e nesta web desde o 31 de xaneiro de 2023.
  • Constitución da Xunta Electoral: antes do 5 de febreiro de 2023.
  • Reclamacións ao censo electoral: ata o 5 de febreiro de 2023 (inclusive).
  • Resolución de reclamacións: ata o 8 de febreiro de 2023 (inclusive).
  • Presentación de candidaturas: na sede o Colexio ata o 10 de febreiro de 2023 (inclusive).
  • Proclamación de candidaturas: 11 de febreiro de 2023. En caso de existir unha soa candidatura será proclamada electa sen necesidade de celebrar votación.
  • Votación: 3 de marzo de 2023.
  • Lugar: sede do Colexio de Economistas (C/ Cabaleiros, 29-1º - A Coruña), en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

En data 11 de febreiro de 2023, a Xunta Electoral proclamou a candidatura presentada para a renovación dos cargos da Xunta de Goberno do Colexio de Economistas da Coruña. De acordo co estipulado no artigo 41 dos Estatutos, dita candidatura queda proclamada como electa ao ser a única presentada, co que se pon fin ao proceso electoral. Na sección documentos pode accederse ao contido da acta de proclamación.