Revista 184 Setembro 2020

Expertos do ámbito forense analizaron a nova regulación concursal

No número correspondente ao mes de setembro destacamos a celebración a décimo cuarta edición do Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal, nunha edición que viu trasladada a súa tradicional sede Santiaguesa ao universo virtual a consecuencia precisamente da COVID.

Así mesmo, facémonos eco da presentación no devandito foro dunha nova edición do Atlas Concursal, elaborado polo REFOR.

Ademais doutras seccións habituais e da formación que vén para o último trimestre do ano, o protagonista da nosa entrevista é, nesta ocasión, Valentín González Formoso, presidente da Deputación Provincial da Coruña. 

Por último, informamos da presentación da enquisa realizada polo REAF e o Instituto de Economía de Barcelona (IEB) na que se recolle a opinión do colectivo -máis de 5.000 economistas asesores fiscais- sobre o noso sistema tributario, a través de máis de 700 contestacións ao formulario proposto.