Revista 171 Xuño 2019

Aberto o prazo de inscrición para a décimo terceira edición do Máster en Fiscalidade e Tributació

Na revista do mes de xuño destacamos en portada a apertura do prazo de inscrición para unha nova edición do noso Programa Formativo Superior, o Máster en Fiscalidade e Tributación, que será a décimo terceira.

O noso entrevistado deste mes é Manuel Gómez Suárez, quen tomou posesión do seu cargo como Decano da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña o pasado día 4 de abril.

Ademais das seccións máis habituais, continuamos neste número coa serie de reportaxes para comprobar que foi daquelas iniciativas empresariais que resultaron premiadas nalgunha do sete edicións do Premio Ideas, outorgado pola Fundación Unha Galicia Moderna, falando nesta ocasión con Oposita Test, segundo premio da sétima edición.

Por último, e co fin de evitar a saturación dos sistemas informáticos que se adoitan producir nos últimos días do prazo de presentación das contas anuais nos distintos rexistros mercantís, recomendamos procédase a realizar o devandito depósito coa maior celeridade posible.