Revista 170 Maio 2019

Primeiro Torneo Nacional de Debate Económico para estudantes de bacharelato

 

Na revista do mes de maio destacamos en portada o Primeiro Torneo Nacional de Debate Económico para estudantes de bacharelato que prepara o Consello Xeral a nivel nacional, e cuxa fase provincial organiza o Colexio.

Neste sentido, e para falarnos de todo iso, en páxinas centrais ofrecemos unha entrevista con Augusto Cobos, Profesor da Universidade de Valladolid, e membro do Comité Organizador deste Torneo de Debate a nivel nacional.

Así mesmo, adiantamos a data da celebración anual do San Pablo, patrón dos economistas, que este ano celebraremos o próximo 4 de xullo. Ademais das seccións máis habituais, iniciamos e este número unha serie unha serie de reportaxes para comprobar que foi daquelas iniciativas empresariais que resultaron premiadas nalgunha do sete edicións do Premio Ideas, outorgado pola Fundación Unha Galicia Moderna.