Revista 169 Abril 2019
Na revista do mes de abril adiantamos en portada todas as accións formativas programadas para o mes de maio. Na sección entrevista visítanos Carlos Mantilla, novo decano do Colexio de Economistas de Pontevedra.
Así mesmo, apuntamos por unha banda o máis destacado da Xornada de Competencias Profesionais celebrada o pasado día 29 de abril a Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, xornada na que se deu a coñecer aos estudantes dos últimos anos de ADE e de Economía os diferentes campos do exercicio da profesión a través da experiencia de profesionais especializados en cada un deles. E por outra banda, informamos da presenza do Colexio na Feira de Emprego Universitario da Escola de Finanzas, celebrada o pasado 10 de abril.
Por último, lembramos que o Colexio ofrece aos colexiados de maneira exclusiva e gratuíta o Servizo Xurídico Integral da Editorial Tirant o Blanch.