Revista 168 Marzo 2019

Celebrada a primeira Xornada do Rexistro de Expertos Contables en Galicia

 

Na revista de marzo destacamos na portada a celebración da “Xornada do Rexistro de Expertos Contables en Galicia”, organizada polo Colexio e a Agrupación Territorial de Galicia do Instituto de Censores Xurados de Contas.

Na sección entrevista visítanos Entrevista a Carmen Sampayo David, nova decana do Colexio de Economistas de Ourense.           

Así mesmo, apuntamos por unha banda o máis destacado da presentación dos resultados do “Barómetro de Economía” correspondente ao segundo semestre de 2018, que tivo lugar en Ourense o pasado día 7 de marzo; e por outro, a Xornada de Competencias Profesionais celebrada o pasado día 27 de marzo na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago, xornada na que se deu a coñecer aos estudantes dos últimos anos de ADE e de Economía os diferentes campos do exercicio da profesión a través da experiencia de profesionais especializados en cada un deles.