Revista 165 Decembro 2018

O Colexio premia o talento do Nadal dos máis pequenos

No último número de 2018 destacamos en portada a entrega de premios do II Concurso Infantil de Postais de Nadal.

Como noticias máis destacadas, recollemos a convocatoria de eleccións para a renovación de cargos da Xunta de Goberno, a celebrar o día 5 de febreiro de 2019 e que O Consello Galego creou o Premio Economía (co obxectivo de recoñecer a aquelas persoas ou proxectos empresariais que se distinguiron pola súa especial contribución á economía galega) resultando o Centro de Vigo do Grupo PSA Peugeot Citroën distinguido na súa primeira edición.

O experto en Dereito Tributario, Fiscalidade Internacional e Prevención do Branqueo de Capitais Luís Manuel Rubí é o encargado de pechar a lista de entrevistados de 2018.