Revista 125 Abril 2015

Encontros

No número de abril destacamos en portada unha dobre cita que tiveron representantes do noso Colexio: por unha banda, con alumnos de ADE e Economía da Coruña e Santiago, a quen mostraron as distintas saídas profesionais que lles agardan; e por outro, co trader e deportista, Josef Ajram, con quen compartiron parte das súas experiencias vitais.

Ademais das reseñas contable e fiscal e das accións formativas dos próximos meses, informamos o Proxecto de Lei de medidas urxentes en materia concursal, procedente do Real Decreto-lei 11/2014, aprobado no Senado con 40 modificacións. 

O protagonista da entrevista é nesta ocasión Federico Díaz Risco, Director do Departamento de Control de Calidade do Rexistro de Economistas Auditores de Contas, REA+REGA.