XVI Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal

Mixto: presencial e Online
27 e 28 de outubro de 2022
10.75

Organizado polo Consello Galego de Economistas, chega unha vez máis a cita para todos os profesionais do ámbito forense: xa se atopa aberta a inscrición para unha nova edición do Encontro Concursal -a que fai a décimo sexta- que se celebrará os días 27 e 28 de outubro e desenvolverase en formato mixto, online e presencial, na habitual sede de Santiago.

Modalidade
Mixta

Contenido

Unha edición que ten lugar no novo escenario concursal imposto pola Directiva Europea 2019/1023, sobre marcos de reestruturación preventiva, prevé unha profunda reforma do Texto Refundido da Lei Concursal que expón novas oportunidades e enigmas para todos os operadores xurídicos e económicos.

Deste xeito, todos os segredos e claves que entraña este novo escenario e a interesante e pouco utilizada figura da administración xudicial, serán obxecto de análise, estudo e enriquecedor debate nesta nova edición do Encontro que congregará aos máis destacados relatores e profesionais na materia do panorama nacional.

Ver programa

Lugares de celebración

Formato presencial: Auditorio Abanca. Rúa Preguntoiro, 23. 15704 Santiago de Compostela

Matricula

Ver info


Online:

  • Colexiados: 300 € ata o 30 de setembro | 350 € desde o 1 de outubro
  • Outros participantes: 445 € ata o 30 de setembro | 510 € desde o 1 de outubro

INSCRICIÓN ONLINE

 

Presencial:

  • Colexiados: 335 € ata o 30 de setembro | 385 € desde o 1 de outubro
  • Outros participantes: 490 € ata o 30 de setembro | 555 € desde o 1 de outubro
  • Cea xoves 27: 60 € ata o 30 de setembro | 60 € desde o 1 de outubro

INSCRICIÓN PRESENCIAL COMPLETA (CON CEA)

INSCRICIÓN PRESENCIAL SEN CEA

 

*A inscrición inclúe:

  • Asistencia ás sesións, cafés e documentación.
  • En modalidade presencial: xantar do xoves 27.


Descontos: Ao persoal de despachos aplicaráselle  a mesma tarifa que corresponda ao colexiado titular

Documentos