Curso de Asesoría Fiscal, Laboral e Contable

E-Learning con sesións virtuais
Do 8 de novembro ao 1 de decembro 2022
Contabilidade 100h., Laboral 100h., IRPF 36h., IS 32h., IVE 32h.

Os cursos, cunha metodoloxía fundamentalmente práctica, abarcan os alicerces básicos da Asesoría Fiscal, Laboral e Contable. Coa realización dos cursos adquirirás as habilidades necesarias para afrontar os trámites administrativos que leva a xestión dun negocio. 

Obxectivos:

Tomando como punto de referencia a orientación práctica que se persegue, o obxectivo é facilitar as ferramentas e coñecementos para a xestión das obrigacións fiscais, laborais e contables dunha empresa.

Metodoloxía:

As clases desenvólvense en grupos reducidos e combina ensinos teóricos coa resolución de casos prácticos.

As sesións presenciais ás que tamén se poden acceder a través de Zoom desenvolveranse os martes, mércores e xoves (2 horas/sesión). Ademais, gravaranse e poranse a disposición dos alumnos para o seu posterior visionado (a asistencia ás sesións aínda que non é imprescindible son de gran utilidade no proceso de ensino-aprendizaxe).

Cada un dos cursos forma parte dun curso máis amplo, o Curso de Especialización en Asesoría Fiscal, Laboral e Contable.

Expedirase diploma acreditativo por cada curso (requírese superar as probas propostas). Se o alumno, nesta, ou outras edicións, completa todos os cursos expedirase diploma acreditativo de “Especialización en Asesoría Fiscal, Laboral e Contable”.

Asesoría fiscal, laboral y contable

Modalidade
E-learning
Formación

Contenido

Material e recursos didácticos:

  • Guía didáctica
  • Acceso á plataforma e-learning (Moodle)
  • Documentación explicativa (contidos teóricos, lexislación, etc.)
  • Documentación práctica
  • Acceso a programas informáticos A3Software (A3CON/ECO, A3NOM)
  • Manuais de uso das ferramentas informáticas de A3Sotware
  • Acceso a Vídeos formativos das ferramentas informáticas de A3Sotware
  • Acceso a ferramenta informática para as sesións virtuais
  • Asesoramento posterior á conclusión do curso
  • Guía de uso da plataforma 

Dirixido a:

  • Economistas e Titulados Mercantís
  • Estudantes de Economía, A.D.E., Dereito, …
  • Persoas en procura de emprego
  • Persoas que dispoñen de pouco tempo aos que non lles motivan os cursos teóricos
  • Pequenas e medianas empresas
  • Administrativos
  • Avogados
  • Graduados sociais
  • Xestores administrativos

Profesor:

Óscar Rei Igrexas

Consultor Empresarial. Máster Trainer.
Licenciado en Economía e Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa formación completouse con diversos cursos de posgrao como, Experto Economista Forense pola Universidade de Santiago de Compostela, Técnico Superior de Comercio Exterior polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX). 
A súa experiencia docente abarca diferentes institucións. Aválanlle anos de experiencia docente nesta temática e máis de 300 cursos impartidos cunha duración aproximada total de 15.000 horas lectivas.

    Máis información:

    Celebrarase un acto de presentación dos cursos na sede do Colexio o luns, 24 de outubro, ás 20:00 horas. Ao mesmo pódese acceder tamén a través de Zoom (ligazón de acceso: https://us06web.zoom.us/j/89246152032 ; IDE de reunión: 892 4615 2032).

    A partir do martes, 25 de outubro, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas no tlf. 609 338 306 ou través do seguinte correo electrónico: oscar.rey@ciees.es

    Lugares de celebración

    E-Learning con sesións virtuais

    Matricula

    Asesoría fiscal, laboral y contable

    Inscricións:

    • Curso Contabilidade e Análise de Balances (pica aquí)
    • Curso Xestión Laboral e Contratación (pica aquí)
    • Curso Fiscalidade: Imposto sobre a Renda de Persoas Físicas (IRPF) (pica aquí)
    • Curso Fiscalidade: Imposto sobre Beneficios de Sociedades (IS) (pica aquí)
    • Curso Fiscalidade: Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) (pica aquí)

    Documentos