Consolidación contable e auditoría dos grupos de sociedades. Modificacións do RD 1/2021 na normas para a elaboración das contas consolidadas
A reforma contable introducida polo RD 1/2021, de aplicación para os exercicios iniciados a partir do 1 de xaneiro de 2021, afecta á formulación das Contas Anuais Consolidadas. No seu artigo terceiro, o Real Decreto modifica as Normas para a Formulación de Cantas Anuais Consolidadas aprobadas polo Real Decreto 1159/2010. As modificacións cumpren, basicamente, cos obxectivos de introducir os mesmos requirimentos que se establecen a nivel individual en relación co tratamento contable dos instrumentos financeiros e o recoñecemento de ingresos por vendas de bens e prestación de servizos.
Este curso de consolidación contable pretende facer un percorrido polas actuais NOFCAC resolvendo exercicios prácticos referidos a todas e cada unha das cuestións principais que emanan do articulado do Real Decreto 1159/2010, de 17 de setembro regula as normas de formulación de contas anuais consolidadas. Polo que, de forma práctica, resolveranse a través de exercicios propostos os extremos indicados no programa do curso.
A auditoría de Grupos preséntase como outro apartado a tratar neste curso, no cal se realizará un percorrido pola NIA 600 CONSIDERACIÓNS ESPECIAIS – AUDITORÍA DE ESTADOS FINANCEIROS DE GRUPOS (INCLUÍDO O TRABALLO DOS AUDITORES DOS COMPOÑENTES) e onde levará a cabo un repaso das denominadas Instrucións de Consolidación, documento de traballo no cal os auditores basean as súas comunicacións á hora de utilizar o traballo do auditor do compoñente para a opinión de auditoría das contas anuais consolidadas.
Todo iso con especial referencia ás novidades técnicas en materia de consolidación que emanaron das últimas disposicións normativas vixentes.

Contenido
Relatores
Juan Manuel Pérez Iglesias
Inspector de Facenda. Equipo de Valoracións. Oficina Nacional de Fiscalidade Internacional AEAT
José Ramón Sánchez Serrano
Profesor do Departamento de Finanzas e Contabilidade da Universidade de Málaga. Doutor en Economía e Finanzas. Auditor de Contas.
Programa
1.- Introdución á consolidación
- Nocións básicas
- Lexislación aplicable
2.- Grupo de Sociedades, Sociedades Multigrupo e Sociedades Asociadas
- Sociedades que participan na consolidación. Composición do Grupo de Sociedades, Conxunto Consolidable e Perímetro de Consolidación
- Definición de Grupo de Sociedades. Presunción de Control.
- Grupos horizontais e Entidades de Propósito Especial – Shell Company –
- Tipos de Dominio
- Computo dos dereitos de voto. Dereitos de voto potenciais
- Sociedades Multigrupo
- Sociedades Asociadas
- Obrigación de formulación de Contas Anuais Consolidadas
- Dispensas á obrigación
- Cálculo dos límites
- Prazos para formulación
- Métodos de Consolidación: Método de integración global, Método de integración proporcional e Procedemento de Posta en Equivalencia
3.- Método de Integración Global
- Definición do método
- Investimentos en sociedades mantidas para a venda
- Fases do MIG
- Homogeneización
- Agregación Contable
- Eliminacións:
- Eliminación investimento – patrimonio neto
- Noción de Combinacións de Negocio. Método de adquisición. FCC e Dif. Negativa
- Socios Externos
- Consolidación Posterior
- Adquisición Inversa
- Adquisición do control por etapas
- Adquisición do control sen transferir contraprestación
- Participacións Indirectas
- Adquisición dunha dependente que non constitúe un negocio
- Transmisións de participacións entre empresas do grupo
- Combinación de negocios entre empresas do grupo
- Eliminacións de partidas intragrupo e resultados
- Investimentos adicionais e aumentos na porcentaxe de participación
- Con incremento de participación
- Sen incremento de participación
- Aumento de participación sen investimento adicional
- Reducións na porcentaxe de dominio e do investimento
- Sen perda de control
- Con perda de control
- Redución do investimento sen modificación da porcentaxe de participación
- Conversión de estados financeiros en moeda estranxeira
4.- Método de Integración Proporcional
- Descrición do procedemento
- Particularidades
5.- Procedemento de Posta en Equivalencia
- Descrición do procedemento
- Homogenización
- Mecánica de posta en equivalencia
- Consolidación posterior
- Particularidades
6.- Outras cuestións.
- Efecto impositivo nas contas individuais e nas contas consolidadas cando o grupo tributa no Réxime de consolidación fiscal
- Conversión de contas en moeda estranxeira
Homologación
Auditores: 8 horas en contabilidade e 2 en auditoría.
REC: 10 horas.
Datas, horario e desenvolvemento do curso
Xoves, 15 de abril, de 11:30 a 14:30 horas..
Venres, 16 de abril, de 11:30 a 14:30 horas.
Xoves, 22 de abril, de 16:00 a 20:00 horas.
O curso desenvolverase por videoconferencia en directo permitindo a interacción e as preguntas dos asistentes. Con antelación enviaranse as instrucións e a ligazón de conexión (non será necesaria a instalación de ningunha aplicación).
Lugares de celebración
Online.
Matricula
Colexiados e persoal dos seus despachos: 185,00 euros
Outros participantes: 295,00 euros
Descontos (non acumulables):
- 10% segunda e sucesivas matrículas e persoal dos seus despachos.
- 20% membros REA e EC.
- 50% desempregados.
PRAZAS LIMITADAS. RIGOROSO ORDEN DE INSCRICIÓN